Neste momento estás a ver aToupeira_ContoDeInverno2018

aToupeira_ContoDeInverno2018

Entra eiquí na nosa toupeira

Comezamos esta Toupeira que quere ser un conto da nosa viaxe na Arca da Noe. Na cal embarcamos un dia do inverno pasado con tódolos nosos aparellos e ese entusiasmo característico de dunha viaxe con fecha de saída que ata o dia de hoxe continuamos facendo. Porque como sabedes, nos as criaturinhas da Toupeira somos algo inconscientes, aventureiras, nómadas, despegadas quizais, curiosas de conhecer historias novas, portos desconhecidos  e sobre todo ansiosas de rillar raíces. Ímolo contar a nosa maneira, non vai levar orden cronolóxico no tempo. Imos comezar este conto amarrados en Pontevedra, onde desembarcamos algunhas das criaturinhas habituais  desta Arca.

Celebrábanse os Martín Códax aos que a Arca da Noe estivo nominada por segunda, vez gañando unha estatuínha no ano 2017 por mellor sala de concertos do pais, este galego. Toda unha paradoxa neste momento no que acaba de saír unha nova lei na que non está axudCaptura de pantalla 2018-06-29 a las 19.12.28.pngando nada a salas de concertos e músicos. A eses músicos nómadas das tabernas queremos dedicar estas berbas vagabundas. A eses que van sempre cargados con instrumentos, altofalantes e cables, tantos cables… E tan so por uns minutos de gloria que son o que lle dan a vida a un músico. Este quere ser un homenaxe a todas esas criaturinhas que pasaron por esta Arca e os que están por pasar. Gracias amigos músic@s nómadas das tabernas, mentres haxa música ao vivo, haberá esperanza.

Como xa dixemos, a nosa viaxe continua e ímolo seguir contando o acontecido. Estade moi atentas criaturinhas porque esta Arca non para e se a tormenta nos deixa, imos seguir navegando pola música ao vivo. Preguntade polo porto de Vilar de Santos esta soe estar alí amarrada.

Poñédevos cómodos e abride ben as orellas porque comezamos esta primeira parte do noso conto. 

Nesta gala dos Martín Códax, puidemos falar con moitas das criaturinhas nómadas das tabernas e outros como Pepe Cuña, que conseguiu a súa segunda estatuínha por o seu programa Ábrete de orellas Captura de pantalla 2018-06-29 a las 19.12.34.pngen Radio Filspín, dando boa conta dos concertos que van soar no noso pais, os discos que acaban de saír, do traballo das discográficas e sempre apoiando a nosa música en galego. Moitas gracias Pepe por este programa tan fermoso, o que nos da moita forza e ilusión as criatur  inhas coma nos que acabamos de comezar esta viaxe polas ondas.