Neste momento estás a ver 25N: Feminismos para vivir

25N: Feminismos para vivir

Escoitar Programa

O feminismo ourensán, o feminismo galego, botouse á rúa un ano máis para denunciar as violencias machistas. Violencias que nos ridiculizan, que nos acosan, que nos agreden, que nos violan, que nos asasinan. Porque o machismo violenta as nosas vidas e ataca á nosa liberdade como persoas. Vivimos un estado de excepción de terrorismo machista  no que, dende que hai cifras oficiais, o ano 2003, contabilízanse 1.028 feminicidios. Mulleres asasinadas por homes en todo o estado 62 en Galiza desde 2010, 6 mulleres asasinadas este ano no noso país e co asasinato de Sara, de 26 anos en Tenerife, o día contra as violencias contra as mulleres, 52 é a cifra oficial en España, pero o colectivo Feminicidio.net eleva o número de feminicidios e asasinatos a 94.  Pero ademais, dos asasinatos, inadmisibles, a violencia patriarcal maniféstase de múltiples maneiras distintas. Na rúa, no traballo, no ámbito doméstico e tamén nas propias institucións.
photo5976751076524799228.jpg
Disto é do nos falaron nosas convidadas no Café Cultural el Pueblo. Están as nosas institucións concienciadas do grave problema do machismo? Podemos falar de institucións despatriarcalizadas? Os concellos, a universidade, a propia xudicatura, están a emprender a transición feminista ou estanse a dar pasos cara atrás?

Alba Pazos e Manuela Iglesias moderan un faladoiro no que contamos coa presenza de  Belem Andrade, muller, poeta, nai, cociñeira e activista do colectivo As do 8, Antía Pousa e Lucía Cedrón, da Marcha Mundial das Mulleres, Georgina Olivera, activista feminista e LGTB, Laura Camino,  investigadora na Facultade de Filoloxía da USC e Sabela Mallo, investigadora na facultade de psicoloxía da USC, as dúas toman parte da Asemblea de Investigadoras de Compostela.  Tamén contamos coas opinións en audio de Berta Vega, terapeuta do reencontro e sexóloga, Paz Filgueira, xuíza do xulgado de Violencia de xénero de Vigo, Alba Nogueira, catedrática de dereito administrativo da USC e integrante da Rede Armela, Daniela Fernández, presidenta de Amizando, e Laura Bugallo, feminista e acivista LGTB.

Moitas grazas a todas as participantes e a Uxía Buciños pola parte técnica e a Rebeca Domínguez polas fotiños. Agardamos que gostedes moito do falado.

Neste programa puideches escoitar:

Escoitar Programa

Esta entrada ten un comentario

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.