Neste momento estás a ver 5 anos de Noticias Dispersas

5 anos de Noticias Dispersas

O informativo satírico sobre actualidade local de Ourense, e de parte do resto do mundo, manifestouse a través das redes sociais hai agora 5 anos, anque o espíritu de “Noticias Dispersas” residía de sempre no celme da natureza colectiva deste pobo tan elixido como rexeitado. O payaso – cabareteira Diego Freire lidera un competente equipo integrado polas variadas habilidades das que a providencia o dotou e as diversas voces que escoita no interior da súa cabeza. O “Andén Primeiro”, illa de liberdade e gran esperanza de renacemento social, na república de Ponte Canedo, volveu ser o lugar óptimo para que vintetantos afortunados espectadores, elixidos entre os centos que pretenderon asistir, gozaran do impresionante show, realizado en directo por Óscar Paradelo, que agora está ó alcance do resto da humanidade.

Comparte:

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.