Neste momento estás a ver A banca sempre gaña; os seus traballadores e clientes perden

A banca sempre gaña; os seus traballadores e clientes perden

As traballadoras e traballadores da banca secundaron masivamente en Ourense unha nova convocatoria de folga durante toda a xornada do venres 22 de marzo. Era unha mobilización estatal reclamando o desbloqueo das negociacións do convenio colectivo do sector. Os traballadores esixen ás cúpulas directivas das entidades, que rexistraron en 2023 marcas históricas de beneficios, que revertan esas ganancias nos salarios dos cadros de persoal e na atención axeitada ós clientes. Tamén piden que se reduza a carga de traballo nas cada vez menos oficinas ó público para minorar o impacto sobre a saúde laboral polo stress, a inseguridade ou a frustración.

Ir a descargar

Comparte:

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.