Un camiño de expresión, identidade e liberdade a través da palabra e da arte.
O vestíbulo da biblioteca pública Nós, o lugar máis libre nunha cidade presa de ruindades, acolle estes día de primavera unha mostra de pinturas e textos realizados por persoas presas no cárcere de Pereiro de Aguiar que participan nas actividades da Escola para Adultos que funciona no centro penitenciario. Expresan emocións sobre lenzo en “marmoreado”, unha técnica pictórica que xenera imaxes aleatorias a partir de cores elixidas que se misturan creando formas para inspirar sentimentos relacionados cun texto de partida. Son seis paneis creados por outros tantos artistas que atravesan coa arte fronteiras invisibles da mente en espera de recuperar a liberdade real. Radio Liverdade estivo na apertura da mostra e falou cos creadores e cos que dirixen esta aldea chamada “O Pereiro” na que viven máis de 200 veciños pagando o prezo social do delicto.


