No local da Galleira, onde naceu Radio Liverdade vai para dez anos, durante a “Festa da Terra e da Lingua”, grabamos este podcast sobre a música feita en Ourense en galego. Con Alfonso Cid, e Diego Freire de Noticias Dispersas, estiveron catro elementos doutras tantas formacións musicais de diversos estilos: Diego, de Malheira; Rocío Vélez, de Five Pippers; Ico Rafael, de O sonoro Maxín; e Martiño, de Maskarpone. Explicaron porque fan arte en galego, do momento que vive a música galega, da profesionalización, dos locais de ensaio, de como influe nesta manifestación cultural, e noutras, a situación no concello da capital, da industria musical e das contratacións, das redes sociais e dos medios de comunicación. Dese encontro xurdiu este podcast no que escoitamos tamén un tema de cada un dos grupos. Disfrutádeo!
