ESCOITA O CONTO:
Ir a descargar
Por todas as avoas e avós que loitaron pola nosa liberdade, polos nosos dereitos e o noso benestar. Por todos aqueles que hoxe seguen facendo “o que hai que facer” para coidar dos seus pequenos reis.
Grazas!
Este conto é unha iniciativa de Meu Rei – Activismo pola infancia.
Autores: Javier Domínguez Pérez e Alba De Evan Freijedo
Voz: Manuela Iglesias Cid
O conto conta a historia de Antón un neno calquera de Galicia que ve como o paro cambiu a súa familia e neses momentos difíciles a súa avoa Orísida é a que os axuda e coida, como sempre fan as avoas e os avós.
Nestes tempos estraños en que as nosas avoas e avós están a sufrir os efectos dunha pandemia que está a danar a súa saúde, tomámonos unha pequena licenza no texto orixinal e quixemos introducir o Coronavirus. Con esta fermosa historia de Meu Mei queremos dende Radio Liverdade recoñecer o valor das avoas e avós, o seu amor, a súa sabedoría e o seu labor imprescindible na familia.
Unha aperta grande para todas elas e eles e tamén para as persoas que as coidan.

ESCOITA O CONTO:
Ir a descargar
