As pandereteiras Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira, as de Mens, Manuela Lema Villar e as irmás Prudencia e Asunción Garrido Ameijide de Malpica, e con elas todas as pandereiteiras de antes e dagora, reciben este 17 de maio a xusta homenaxe das Letras Galegas coma tesouro que son da música popular, da tradición oral e patrimonio inmaterial da nosa cultura. A música, mestra e musicóloga Cristina Asenjo Rodríguez falou no campus de Ourense das características destas manifestacións de creatividade artística e do seu valor sociolóxico coma ferramenta de resistencia das mulleres nas sociedades patriarcais. Escoitamos ao alumnado do Grao en Educación Primaria, que cantou unha recolla feita por Cristina Asenjo e preparada en clase pola profesora Lucía Casal de la Fuente. Tamén escoitamos ó grupo de pandeiretas Xúa e ás regueifeiras Blanca Trigo e Silvia Villar.

