Un coloquio entre catro personalidades destacadas da loita antifranquista en Galicia, especialmente en Ourense, desde posicións e militancias comunistas e nacionalistas, puxo fin ás Xornadas de memoria anti fascista sobre a Transición celebradas en Celanova na segunda quincena de novembro, coincidindo arredor do 50 cabodano da norte do dictador Francisco Franco. Na sala da lareira da Casa dos Poetas, presentados e moderados por Moncho Boán, membro do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova, que organizou as Xornadas, interviñeron Dolores Alonso Reverter, Nemesio Barxa, Manuel Peña-Rey e Alfredo Suárez Canal que evocaron momentos e acontecementos da Longa noite de pedra, algúns vivividos en primeira persoa por eles. Estoitamos un extracto dos seus recordos
NOTAS BIOGRÁFICAS
María Dolores Alonso Reverter (Vigo, 14 de xuño de 1942) foi profesora de Francés, fundadora en Ourense do Movemento Democrático de Mulleres e militante do Partido Comunista de Galicia nos anos da Transición. A mediados dos oitenta, fundou a Asociación de Mujeres Separadas y Divorciadas de Ourense, da que sería presidenta durante 22 anos. Tamén formou parte da Marcha Mundial das Mulleres e da Fundación Falando Nós. Seu pai, Luis Alonso, oventense, estivo preso na Prisión de Celanova, e nas visitas aos presos coñeceu a Dolores Reverter, que tiña preso tamén aquí a seu pai, Estanislao. A propia Dolores Reverter tamén sufrira cadea en Bande naqueles anos. Dolores Alonso continúa coa súa militancia política en Esquerda Unida.
Nemesio Barxa Álvarez (Caldesiños, Viana, 16 de febreiro de 1935) é licenciado en Dereito pola Universidad de Salamanca e Graduado Social pola USC. En 1968 foi avogado dos afectados pola presa de Fenosa en Castrelo de Miño, no mesmo ano foi un dos impulsores da Agrupación Cultural Auriense. Fundador do Consello de Avogados de Galicia e membro da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, foi tamén vicepresidente da Federación Europea ADE (Abogados Demócratas Europeos). Vinculado ao nacionalismo, foi candidato do Bloque Nacionalista Galego ao Congreso dos Deputados nas Eleccións Xerais de España de 2000 pola circunscrición de Ourense, e ás Eleccións ao Parlamento Europeo de 2004.
Manuel Peña-Rey Bouzas (Ourense, 4 de marzo de 1938) médico e político galego. Militante do Partido Comunista de España, durante o franquismo foi detido en abril de 1971 acusado de propaganda ilegal e de pertencer a Comisións Obreiras.Foi procesado e expulsado do traballo no Hospital Médico Provincial de Ourense. Nas eleccións de 1977 encabezou a candidatura do PCE pola provincia de Ourense. Foi secretario xeral do Partido Comunista de Galicia (1995-2000) e actualmente é o presidente de honra do PCG.
Alfredo Suárez Canal (Allariz, Ourense, 5 de xullo de 1951) licenciado en Matemáticas, foi profesor de secundaria e militante nacionalista desde os anos 70, participando na creación do BNG. Foi concelleiro en Allariz (1979-1983), deputado no Parlamento de Galicia (1993-2005) e conselleiro de Medio Rural da Xunta entre 2005 e 2009. Durante ese mandato impulsou o Banco de Terras e políticas forestais innovadoras. Deixou a primeira liña política en 2012.

Pingback: A memoria antifascista fala en Celanova – memoriacelanova