Neste momento estás a ver A vida é a arte do encontro

A vida é a arte do encontro

Descargar

Conversamos con Sonia Sutti, unha excelente veciña do casco vello de Ourense.

Sonia María de Oliveira Prestes, baronesa Sonia Sutti, nacida en familia da nobreza portuguesa no Brasil, viaxada polo mundo facendo alta costura para as firmas máis célebres da moda internacional, faladora de seis idiomas, socióloga de formación académica. Gosta da literatura, da música, da pintura e de tódalas outras belas artes. Amiga de amar, da xente, de rir, gozar da vida, de viaxar, conversar; da tolerancia.

Achou o seu “lugar seguro” no casco vello de Ourense, nunha cidade que define como “feita á medida da persoa”. Despois de anos de frenética actividade laboral e social, agora “vive en paz, serenidade e alegría. Lonxe de todo o que lle causa molestia”.

Sonia Sutti recibenos nunha casa chea de beleza, no pazo dos Troncoso, na rúa Hernán Cortés. Falamos na súa mesa camilla, ó pé do balcón con vistas sobre a praza de San Marcial, e ós solpores deste val de tantos ríos, e ó sentido da existencia.

Comparte:

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.