Neste momento estás a ver Alumar a caverna: a mentira, novos nomes.

Alumar a caverna: a mentira, novos nomes.

BAIXAR O EPISODIO

A mentira ten novos nomes: post verdade, realidade alternativa, realidade virtual, fake news; cada vez máis aceptados como posibles realidades. As técnicas de manipulación dos feitos, ou da información, son vellas e quedaron ben resumidas nos once principios da propaganda de Goebbels. Pero as redes, a Intelixencia Artificial e as novas tecnoloxías facilitan normalizar a suplantación, o trunfo da mentira, por intereses políticos, comerciais e mesmo existenciais. Son plantexamentos que xurden durante a tertulia dos tres filósofos de garda de Radio Liverdade, que son tamén artistas: Iseo Agilda, música; Abraham Rubín, músico e Antonio Fernández Seoane, pintor. Falan na sala do piano da casa museo de Vicente Risco en Allaríz.

Sonan, ó inicio, un fragmento de “Serpe de son” e ó remate “Templo escuro”, da grabación “Miudiño sessións #10”, da formación Måi, coa voz de Iseo Agilda, en “A Regueifa Plataforma 2.0”

Comparte:

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.