Vivimos con demasiada presa, tentando abarcar acontecementos, información ou experiencias a conta da superficialidade?. Que marca no noso tempo o ritmo da existencia: o ciclo natural das cousas ou a presión do mercado por consumir? A velocidade vital fainos perder a capacidade de incorporar sensacións e sentimentos complexos?. Son preguntas que se fan os iluminadores da caverna; tres profesores de filosofía que son á vez artistas: Iseo Agilda, música; Abraham Rubín, músico e Antonio Fernández Seoane, pintor. Radio Liverdade grabou este faladoiro filosófico a principios de febreiro na sede da Fundación Vicente Risco de Allariz, nunha mesa do café Novelty, recreación dun dos escenarios do “Porco de pé”.
Ó inicio do podcast sona “Tema” e ó remate “Cando volvan as baleas”, de Iseo Agilda

Boísimo, que ledicia e medicina, fíxoxeme curta. Graciñas
E agora marcho que teño que marchar.