Neste momento estás a ver Anacos de Alfonso Rodrígez

Anacos de Alfonso Rodrígez

BAIXA AQUÍ O PODCAST

“Anacos”, o novo libro de Alfonso Rodríguez, editado por Saurobuks, presentouse na galería Dodo Dadá nun venres de abril. Falou Carlos Rafael, que fixo a selección dos poemas para a publicación, e Alfonso, que explicou as súas intencións. Co fondo das imaxes dun vídeo feito por Adriana Pérez, e a música en vivo de Wind Wordsnoise, escoitamos na voz do autor unha escolma da sú obra.

Visita a presentación.

“Son poemas -seleccionados por Carlos Rafael- que reflexan nos seus cristaliños os pensamentos que foron xurdindo nestes últimos duros e caóticos anos tanto para min como para o mundo en xeral, penso eu. Desde o íntimo (que hai moito diso) ao máis público e global. O poemario mostra salpicado de pequeniñas faíscas de humor unha tristeza e un cansanzo produto do escenario no que me teño desenvolto, como digo, estes últimos anos e tamén como se ten desenvolto o mundo. Guerras internas e externas. Desamor e mortes… mais ofrecéndolle ás veces un pequeno acubillo á esperanza por riba de min, por riba de nós, por riba de todo. Esa primavera que sempre retornará…”

“Para começar, quem precisa de poesia? Para além dos anunciantes de seguros e de perfumes e do político do momento para declarar que tem um livro de Rosalía de Castro na sua mesa de cabeceira (talvez para equilibrar uma pata), ninguém, ninguém, e digo ninguém, precisa dela. No entanto, o Sr. Rodríguez atreve-se a olhar para o mundo que o rodeia —ou, como por vezes diz, o mundo que o aprisiona— e transformar esse olhar em palavras, versos e até rimas vergonhosas, aventurando-se muitas vezes no lirismo ou no humor, que, quanto a nós respeita, podem ser considerados factores agravantes.” J. Peinado

“Para Alfonso a poesía é tamén unha forma de colaxe: fragmentos de pensamento, emocións arrincadas e superpostas sobre o papel. Non esculpe os versos nin busca pulilos ata a perfección, deixa que xurdan como música esparexida. Esa mesma dinámica trasládase á súa obra visual. Así, poesía e colaxe convértense en linguaxes irmás: ambas feitas de fragmentos, de impulsos, de intuición.” Misca Mala.

Alfonso Rodríguez (Ourense, 1973)

É escritor, artista e editor. Ten realizado diversas exposicións, sobre todo na cidade de Ourense.

Desde o ano 2003 comparte unha web coa artista Adriana Pérez: expoplanetarium.net. Tamén comparte con ela a editora sen ánimo de lucro Saurobuks. Libros publicados de poesía: Subir ao faiado, Positivas, 2004; Azúcar glass, Duendebux, 2009; Lobotomías para flores, Urutau, 2017; Independencia, M Editora, 2018; Non vivo sen vivir en min, Urutau, 2021. Outras publicacións: Lúa plenur (poemas e colaxes) Saurobuks, 2014; Instalacións e outras deformidades pseudoartísticas dentro do territorio rurbano (fotolibro) Saurobuks, 2017; Lingua materna (fanzine de poesía e vídeo) Expoplanetarium.net, 2020; Poñerse amoradx (colaxes dixitais) Saurobuks, 2022 e Contos, Saurobuks, 2023. Tamén ten publicados numerosos fanzines ademais de ter colaborado en libros colectivos, fanzines e outras publicacións colectivas tanto en papel como en formato dixital.

Comparte:

Esta entrada ten 2 comentarios

  1. Joao

    Graciñas e obrigadiñ…s por este audio. Mellora infinitamente a propiq escoita do que foi en dirwcto.asilimpa de distprsion. Os aue sonos fans disfrutamos agoradqvoz e do ambuente sonoro incrible, que no directo so se intuía.

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.