Neste momento estás a ver As do oito – En todas partes

As do oito – En todas partes

Descargar o faladoiro

Dentro das actividades de As do oito cada 8 de mes, este setembro celebrouse un faladoiro no Liceo de Ourense con seis mulleres que desenvolven a súa actividade profesional en entornos masculinizados. Para saber de primeira man como estas bravas mulleres levan o seu día a día e para rachar cos prexuizos en moitos ámbitos laborais recollemos os seus testemuños. Falaron cunha clara intención, reivindicar referentes para que as novas xeracións poidan verse reflectidas e non ter as dificultades que as anteriores tiveron.

Nesta actividade, moderada por Nate Borrajo, participaron María Prado, conductora de autobuses en Autocares Rogelio, María José Estévez, xerente de Prosoda, empresa de montaxe de espectáculos, Raquel Huete, baixista, cantante e tubista, Iria de Dios, investigadora da ciencia cognitiva e da linguaxe, Marta Rodríguez, xogadora de fútbol sala no Ourense Envialia e Liliana Rodríguez, mecánica.

A gravación está un pouco baixa nalgúns momentos e houbo algunha parte que perdemos polo camiño, mais agardamos que os axustes que fixemos permitan que poidades escoitar a estas mulleres xa que é moi interesante e recomendábel atender ao que relatan.
Descargar o faladoiro

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.