Neste momento estás a ver aToupeira_na_ArcadaNoe

aToupeira_na_ArcadaNoe

Escoitar o programa

Bos días pola tarde ou pola noite!

Si, a todas vos criaturinhas que madrugades máis que os galos, as que vos gusta almorzar o mediodía, ou a vos, as que falades con mouchos, coruxas e demais animaliños nocturnos…

Presentamos a nosa toupeira, esta desde a que che falamos. Que non é unha toupeira calquera, é unha toupeira con alfombras e tapices nas paredes, altofalantes e cables, moitos cables. Instrumentos colocados conforme e debido esperando a ser tocados. Cociña de leña con pote a ferver. E a nosa terraza, son os monte e os campos, as montañas pequenas e grandes con esa banda sonora que non deixa de soar.

Eliximos moi ben o anaco de terruño onde instalarnos, porque é de aí de onde nos imos alimentar. Das raíces que máis nos gustan, e das que aínda non coñecemos que son as que nos fan sentir vértixe e latexar o corazón a ritmos descoñecidos pero dalgunha maneira familiares, ritmos vertixinosos, dos que petan no peito, dos que se fan notar, dos que che fan salivar e non che deixan falar, dos que confunden, pero morrerías por eles, por eses ritmos que son os que che recordan que estás vivo, porque estás vivo, sábelo, non?…

Como nos estamos moi vivas, queremos sabelo todo sobre vos, as criaturinhas do rural, que é o hábitat natural da nosa toupeira, pero se temos que instalarnos nalgún sumidoiro de calquera cidade, tamén o imos acondicionar para que pareza unha verdadeira toupeira.

Os de aquí abaixo, somos moi, moi curiosos e temos moitas ganas de saber como se move  o mundo desde aquí, precisamos saber para logo divulgalo, sempre co permiso da outra parte, claro está! E sempre, sempre mantendo a intimidade ao máximo posible en cada caso. Esto quere dicir que só imos contar o que ti queiras que contemos.

Hoxe a nosa toupeira embarca nesta taberna en Vilar de Santos, na Arca da Noe. Unha taberna moi especial para nos, os degustadores de raíces. Ten unha axenda de concertos ao vivo que me atrevería dicir, que e unha das salas de concertos máis activa do país, e non me equivoco dicindo que está recoñecida como tal. Nominada dúas veces como mellor sala, nos premios da musica ao vivo nos Martin Códax e gañando unha estatuínha no 2017.

Santa Noe, que e como lle chaman por aquí algunha das criaturinhas que frecuentan esta arca, animounos a facer esta presentación do noso humilde programa A Toupeira de Radio Liverdade, a que desde eiquí queremos agradecer este chanze, nos estamos pasando estes primeiros minutos de vértixe, nerviosismo e alegría… en todo caso aquí estamos, Manuela aos mandos técnicos, a miña gravadora nómada, e esta voz con rostro pálido que vos fala, Paco de Xastre… nesta radio tan especial en directo e con publico… porque temos público, non?

Esta Toupeira non seria tal sen o apoio e o animo incondicional de Radio Liverdade a que está comandada por criaturinhas como Manuela, Emilio, Roberto e Uxía de Xastre… Que se pode dicir que é a máxima culpable de que A Toupeira exista como tal.

E xa que estamos neste plan, agradecer a Lord de Xastre outra das criaturinhas habituais desta Toupeira, a Rute, Noa e Nuno que son os que realmente sofren esta toupeira nas súas carnes e ouvidos, porque antes de subir un programa as rede e despois, este que vos fala reproduce unha infinidade de veces o programa a modo de tortura, supoño…

A Fer e a Nata por ese apoio incondicional. Tamén agradecer a miña nai, esa Señora que necesita un monumento, a Dona Mari e a esas fillas tan bonitas que ten, Estela e Sofía. E a todos eses Lagartos tan especiais para min, que non son os típicos Lagartos, aínda que lle guste tomar o sol como os demais…

Esta entrada ten 2 comentarios

  1. Dona Mari

    Paco de Xastre para min Lorenzo
    Grazas polas tuas verbas.
    Radioliverdade vaise escoitar moi, moi lonxe
    Voa sorte co proxecto..

Deixa unha resposta

Información básica sobre protección de datos Ver máis

  • Responsable: Radio Liverdade.
  • Finalidade:  Moderar os comentarios.
  • Lexitimación:  Por consentimento do interesado.
  • Destinatarios e encargados de tratamento:  Non se cede nin se comunica ningún dato a terceiros para prestar este servizo.
  • Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos.
  • Información Adicional: Pode consultar a información detallada na Política de Privacidade.