- Este evento pasou.
“Dique”, danza
11 Setembro, 2025 / 21:00 - 22:00

O Dique de Campá de Ferrol foi a obra de enxeñería hidráulica máis importante do século XIX en España. Detrás da súa construcción está o traballo invisibilizado de 200 mulleres que desde 1874 pasaron anos retirando 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que transportaron en sacos e cestas sobre as súas cabezas. Eran as “cargadoras” e, polo mesmo traballo, cobraban menos que os homes. A todas elas rendimos homenaxe neste espectáculo.
Dique e unha coproducción de: Nova Galega de Danza e Xunta de Galicia, a través do Centro Coreográfico Galego.
