Cargando eventos

« Todos os eventos

Actividades continuadas na Biblioteca Pública Nós

1 Setembro - 6 Setembro

ACTIVIDADES CONTINUADAS AO LONGO DO “CURSO” 2026-2027 

Prazo de inscrición: comezará o mércores 16 de setembro ás 9:00h salvo as actividades monográficas.

Inscrición presencial ou telefónica nos números de teléfono: 988 78 83 85 / 86. Só se poderán inscribir 2 persoas por chamada e para un máximo de 2 clubs de lectura e 2 obradoiros e outras propostas

No caso de esgotar as prazas estableceranse listaxes de agarda.

As persoas que queiran participar deberán ser socios dalgunha biblioteca da rede de bibliotecas de Galicia e non estar sancionados no momento da inscrición.

CLUBS DE LECTURA

Mañás:

Bonjour! Club lectura en francés. Martes ás 11:00h. Comezo o 6 de outubro COMPLETO!

Club de lectura Retahílas. Martes alternos ás 11:30h (quincenal). Comezo o 22 de setembro

Tardes:

Bonsoir! Club de lectura en francés. (imprescindible nivel B1) Todos os luns ás 18:00h. Comezo o 5 de outubro (o grupo farase se hai un mínimo de 10 persoas)

Club de lectura en inglés. Martes ás 19:30h (imprescindible nivel B1). Comezo o 6 de outubro.

Club de lectura Luz de Gas. Martes alternos ás 19:30h (quincenal). Comezo o 6 de outubro. COMPLETO!

Club de lectura sobre medio ambiente “O micelio”. Terceiro martes de cada mes ás 19:00h. Comezo o 22 de setembro

Club de lectura Ágora. Venres alternos ás 18:00h (quincenal). Comezo o 9 de outubro.

Club lectura en galego. Mércores alternos ás 19:00h (quincenal). Comeza o 7 de outubro.

Club de lectura de poesía. Mércores alternos ás 18:30h (quincenal) . Comezo o 21 de outubro.

Club de lectura de novela negra. Xoves alternos ás 17:30h (quincenal). Comezo o 24 de setembro

Club de lectura de cómic da Biblioteca Nós. Para maiores de 14 anos. Reunións mensuais. Mércores ás 19:00h. Comezo o 6 de outubro.

NOVO! Club de lectura “A resistencia” Luns ás 18:00h. Comezo o 5 de outubro

NOVO! Club de lectura de novela histórica Luns ás 18:00h. Comezo o 28 de setembro

NOVO! Club de lectura LGTBIQ+ Martes ás 18:30 h Comezo o 6 de outubro

 

OBRADOIROS E OUTRAS PROPOSTAS

Mañás:

Curso de ilustración cómic. Terceiro sábado de cada mes ás 11:30h. Para maiores de 12 anos Comezo o 17 de outubro

Obradoiro de Diarios creativos. Sábados ás 11:00h. Comezo o 3 de outubro

Activa-te. Actividades de estimulación cognitiva, lúdicas para activar a memoria e mellorar a concentración e a atención para maiores de 70 anos. Mércores ás 11:00h (duración 1 h ). Comezo o 7 de outubro.

Tardes:

Curso de Historia da arte. Martes ás 17:30h. Comezo o 6 de outubro.

Club de cinema. Actividade en colaboración co Cineclub Padre Feijoo. O segundo martes de cada mes ás 19:00h. Comezo o 13 de outubro.

Club de debate Subir a por aire. Xoves ás 19:00h. Comezo o 1 de outubro.

Faladoiro en Inglés. Xoves ás 19:30h. Comezo o 8 de outubro

Espazo Comunitario de Reflexión Ourense E.C.R.O sobre saúde mental. Terceiro mércores de cada mes ás 18:30h. Comezo o 21 de outubro.

Obradoiro de calceta. Mércores ás 17:00h. Comeza o 7 de outubro. COMPLETO!

Conversa en galego. Xoves ás 17:30 h . Comezo o 1 de outubro.

Obradoiro de cálculo matemático. Pensado para persoas apaixonadas das matemáticas ou as que a queiran lembrar. Maiores de 55 anos. Luns alternos ás 19:30h. Comezo o 19 de outubro.

NOVO! Neurodiverxeando. Venres ás 19:00h. Comezo o 9 de outubro

 

ACTIVIDADES MONOGRÁFICAS 

Club de escrita creativa de adultos. Para persoas maiores de 30 anos. 4 sesións durante os meses de outubro e novembro. Martes alternos ás 11:00h (quincenal). Comezo o 13 de outubro. O prazo de inscrición ábrese o luns 21 de setembro para as 4 sesións.

Club de escrita creativa para a mocidade. Para persoas entre 14 e 30 anos. 4 sesións durante os meses de outubro e novembro. Mércores alternos ás 19:00h. Comezo o 7 de outubro. O prazo de inscrición ábrese o luns 21 de setembro para as 4 sesións.

Club de xogos de mesa. Para cada sesión hai que anotarse unha semana antes da mesma.

Sesións:

Último mércores do mes ás 17:00h. no Espazo Xove (+ de 14 anos). Comezo o 30 de setembro

Segundo sábado do mes ás 10:30h. (+ de 18 anos ou + de 14 anos acompañados dunha persoa adulta). Comezo o 19 de setembro.

Comparte:

Detalles

Recinto