Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

As meniñas, de Simón Múñoz Veiga, no Espazo de Arte de Roberto Verino

8 Xaneiro, 2025 - 2 Marzo, 2025

Simón Muñoz Veiga é o primeiro dos artistas que expón o seu traballo no Espazo de Arte de Roberto Verino de Ourense este 2025. Faino coa mostra “As Meniñas”, este pintor realista (San Amaro, 1988) que centrou a súa obra na exploración da figura humana a través de medios tradicionais como lapis de cor. Simón Muñoz presenta unha serie de retratos de nenas, cun estilo inspirado no Barroco, pero cunha reinterpretación propia que reflicte a natureza humana. A través da súa técnica precisa e detallada, o autor captura a inocencia e a complexidade das súas modelos, explorando a dualidade da fraxilidade e a fortaleza do ser humano. Os retratos caracterízanse pola súa luminosidade, intensidade emocional e o tratamento minucioso de cada trazo do rostro que evoca aos grandes artistas barrocos da época.

Comparte:

Detalles

  • Comezo: 8 Xaneiro, 2025
  • Remate: 2 Marzo, 2025
  • Categoría dos Evento: ,

Recinto

  • Espazo de arte Verino
  • Rúa do Paseo, 21
    Ourense, Ourense 32003 Spain
    + Google Map