Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

A Real Filharmonía de Galicia no Principal con “Os elementos”

29 Novembro, 2024 / 20:00 - 21:30
€12 - €20

Discípulo de Lully, o compositor barroco Jean-Féry Rebel foi o director do aclamado conxunto Les 24 violons du Roi. A súa obra Les Élements percorre en sete seccións o singular camiño que vai desde o caos inicial á orde e beleza que os catro elementos traen ao universo: as frautas representan a auga e o aire; o baixo, a terra, mentres que os violíns simbolizan o lume. Este programa prosegue coa suite da ópera Céphale et Procris, da compositora e famosísima clavecinista Elisabeth Jacquet de la Guerre, obra que a fixo célebre no París de 1694. De la Guerre, a pesar dos seus éxitos, deixou de compoñer de maneira misteriosa. Pero se se fala de enigmas, a morte de Leclair, o compositor da suite Scylla et Glaucus, é sen dúbida unha das máis indescifrables da historia da música. Dúas suites de Rameau pechan un concerto repleto de xoias barrocas da música francesa, que trae aos atrís da RFG a artista en residencia Amandine Beyer.

Comparte:

Detalles

Recinto