- Este evento pasou.
“ABC da greve”, luns de filmoteca do CCPF

ABC da greve
Leon Hirszman (Brasil, 1979-1900) 85 min. Cor/B&N RA 1,66:1 VOSE
ABC da greve (ABC da folga) foi filmada a finais dos anos 70, cando as cidades industriais ao redor de São Paulo convertéronse en escenario dun intenso movemento folguista.
“Leon Hirszman, saíu ás rúas armado con equipos portátiles de 16 mm para observar o movemento obreiro en plena construción da súa identidade política. Traballando nun sistema cooperativo, cun equipo pequeno, Leon foi montando o seu documental día a día a medida que se desenvolvían os acontecementos, rexistrando algunhas das imaxes máis impactantes deste período. A última edición de ABC da greve non foi completada ata 1990 polo fotógrafo da película, Adrian Cooper, por iniciativa da Cinemateca Brasileira” (Play-Doc)
