- Este evento pasou.
Acutifados polo vento, na Dodo Dadá

Emilio Araúxo e Cándido Caneiro presentan unha exposición que explora a conexión entre o ser humano e a natureza a través de máscaras e figuras ancestrais. Inspirados nas tradicións galegas e no simbolismo do espantallo, convidan a un percorrido visual e espiritual polo rural e a súa memoria. Emilio Araúxo contribúe con fotografías que complementan a mostra.
Na inauguración contaremos coa actuación de: D’ Ariya – IO vs IA – Danza Tribal Fusión
Acompañan a exposición as reflexións de:
Emilio Araúxo:
“Animar, acompañar, alertar. Coma prepoemas alertando das ameazas do intre. Unha procesión de espantallos en Lumeares, unha relectura dos xestos de xeira, unha afirmación de maneiras perdidas.”
Marta García:
“O espantallo interpreta o seu papel con dignidade patética: mantén a pose, sostén o xesto, a roupa ondea coma un vello pano de fondo, movido por unha cinsa do vento. Ergue os brazos, coma no último acto dunha obra sen aplauso.”
Inauguración: 28 de marzo ás 20:30
Onde?: na Galería Dodo Dadá, Rúa Liberdade 32
