Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

“All tomorrow parties” na Primavera musical do CCPF

27 Maio, 2025 / 20:30 - 22:00

· (Reino Unido, 2009) 81 min. Cor. RA 1.85:1 [ND] VOSE

All Tomorrow’s Parties foi un festival de culto que se celebrou sempre en centros turísticos estacionais fóra do período vacacional, e que contou con edicións en Inglaterra e Estados Unidos, ademais de escenarios noutros festivais como o Primavera Sound de Barcelona. Cada edición foi comisariada por diferentes artistas ou bandas —desde Mike Patton ata Sonic Youth, Autechre, Portishead, Animal Collective, Mogwai e o creador dos Simpsons Matt Groening— e a mestura resultante é unha combinación inmellorable de música de vangarda e atmosfera de minigolf.

O documental narra a historia do festival a través de imaxes proporcionadas por artistas e fans en diversos formatos —desde Super 8 ata cámaras de teléfonos móbiles— para captar a enerxía deste universo musical paralelo. O cineasta Jonathan Caouette (Tarnation) e o fotógrafo Vincent Moon (Arcade Fire: Miror noir) foron os encargados de organizar o collage de imaxes, e o resultado é un documento único que recolle o poder das actuacións pero tamén a paixón do público festivaleiro.

 20:30 h. (CEST) no Café Pop«Torgal», Ourense
 De balde
Comparte:

Detalles

Recinto