- Este evento pasou.
Arrolos de teta celebra o 8M

Un ano máis dende Arrolos de Teta seguimos apostando por un feminismo que poña as necesidades das nais, a maternidade, crianza e lactación materna no centro. Este ano, o día 8 de marzo, sairemos as rúas de Ourense mostrando o poder dos peitos maternos portando de novo a nosa e icónica “Teta Xigante”. Incidindo nos coidados, visibilizando as agresións e violencia obstétrica e necesidades das nais e familias.
Convidámosvos a asistir á lectura do manifesto e acción a prol da lactanción materna que faremos este sábado 8 as 17:00h na Praza Maior de Ourense
Este pasado xoves 06 a asociación reuniouse coa Xerencia do CHUO para expoñer as nosas propostas de mellora nos servizos de obstetricia, pediatría e xinecoloxía, co obxectivo de erradicar as situacións dramáticas de nais que cada día chegan a Arrolos.
Estas son as propostas que agardamos se comecen a implantar no hospital:
1. Dar a coñecer os recursos de acompañamento dos grupos de lactancia materna (Arrolos de Teta e de Nai a Nai) Colocando cartaces permanentes en puntos estratéxicos : taboleiro planta baixa, atención temperá, zona de ecos, corredoiro urxencias xinecolóxicas, corredoiro Uci Neonatos, salas de lactancia, urxencias pediátricas, sala de espera de cada planta do materno, habitacións e corredoiros da sexta planta.
2. Presenza dentro da web e das redes do CHUO do logo da asociación e informar sobre a SMLM (semana mundial da lactancia materna).
3. Informando da existencia destes GALM na visita a paritorios
4. Establecer colaboración directa con ditos grupos a través de voluntariado presencial, línea de consulta etc.
5. Recuperación da Comisión de Lactancia.
6. Implementar unha consulta de Lactancia ao cargo dunha profesional especialista.
7. Revisión, publicación e aplicación da Guía de Lactancia Materna para Profesionais da Comisión de Lactancia do CHUO
8. Coñecemento e uso da web e-lactancia por tódalas profesionais sanitarias, colocando o enlace para o seu uso en cada consulta.
9. Recuperación da vía rápida de derivación a Ciruxía Pediátrica para valoración de posibles anquiloglosias.
10. Asesoramento real e efectivo para as díadas lactantes: valoración dunha toma e posibles dificultades de xeito rutinario e protocolizado.
11. Separación dende o nacemento en planta e Neonatos. Elaboración dun protocolo Nai canguro interno ou uso do dispoñible por parte do Ministerio.
12. Ingreso hospitalario conxunto, en caso de hospitalización da nai ou do bebé.
13. Logopedia especialista en lactancia materna.
14. Campaña de divulgación do Banco de Leite , informar a tódalas nais da opción de facerse doante de leite. Informar as nais das diversas formas de suplementar priorizando o uso do leite materno extraído.
15. Formación actualizada en lactancia materna para todas as profesionais sanitarias (pediatras, matronas, enfermería da 6a planta, xinecoloxía…) que teñan contacto coas díadas lactantes para que pousúan as ferramentas para pode de acompañar un agarre de forma efectiva.
16. Asegurar que en Neonatos sexa un espazo onde as crianzas poidan estar acompañadas polas súas nais e alimentarse a demanda do peito.
17. Permitir ó acompañemento de familiares a mulleres monomaretais en neonatos.
Neste ano 2025, sairemos de novo as rúas con toda a forza vista en convocatorias anteriores, reivindicaremos as razóns que levamos anos berrando e esixindo solucións a un sistema que ignora sistemática as nosas demandas.
Máis información sobre Arrolos visita as RRSS ou escribe ao noso correo
@arrolosdeteta
arrolosdeteta@gmail.com
