- Este evento pasou.
“As noivas do sur”, proxección de Cine Club Padre Feijóo con sesión de curtametraxes
24 Febreiro, 2025 / 20:30 - 21:30
€5

Luns de filmoteca
Elena López Riera (España-Suiza, 2024) 37 min. Cor/B&N. AR 1,66:1 [ND] VOE
TRAILER: https://www.youtube.com/watch?v=5tEwBiLI1mI
Mulleres maduras falan do seu matrimonio, da súa primeira vez, da súa relación coa sexualidade. Na repetición destes ritos, a directora cuestiona a súa propia ausencia de matrimonio, de fillos, e unha cadea de relacións nai-filla que se extingue.
Premios: 2024: Festival de Cannes; Queer palm a mellor curtametraxe
“Conmovedora na súa honesta vulnerabilidade, é tamén un espello no que a directora obsérvase. O resultado, un precioso tratado e homenaxe a quen achandou o noso camiño” (Paula Arantzazu, cineconn.es)
A pelicula irá precedida da sesión de curtas con 2 pezas de Cecilia Bartolomé realizadas durante a sua formación na Escola de Oficial de Cinematografía a finais dos 60, e unha de Pilar López Riera,
“Carmen de Carabanchel”. Cecilia Bartolomé (España,1965) 15 min. A represión dunha sociedade franquista onde os anticonceptivos estaban prohibidos e ter relacións sexuais equivalía a traer outro raparigo ao mundo. E máis aínda. Da desesperación da muller nesa sociedade, que recorría a calquera método por salvaxe que fose para practicarse un aborto caseiro. “Cecilia Bartolomé escribiu Carmen de Carabanchel inspirándose nas historias que as súas veciñas do barrio lle contaban no salón de peiteado sobre os seus intentos de aborto con amoníaco. A práctica causou tal conmoción na Escuela Oficial de Cinematografía que a cineasta tivo que repetir curso. Non só porque expoñía abertamente un tema absolutamente tabú senón porque ademais o tratamento era en grao sumo rompedor. Lembremos que nese momento o cinema de Antonioni era a máxima aspiración dos novos estudantes de cinema e Carmen de Carabanchel era unha comedia, unha parodia de óperas como Carmen de Bizet. O humor no cinema de Bartolomé é, desde os seus comezos, un trazo esencial. E quizais debamos concederlle definitivamente a honra de ser a herdeira definitiva do seu profesor favorito na EOC, Berlanga” (Andrea G. Bermejo,Cinemanía)
“Margarita y el lobo”, de Cecilia Bartolomé (España,1969) 45 min.“Adaptación musical de Celine e o matrimonio, novela de Christiane Rochefort, Margarita y el lobo narra a separación entre unha estudante e o marido, un señorito dunha familia próxima ao Réxime, nunha España en que o divorcio era unha quimera. A mediometraxe continúa polo vieiro berlanguiano de Carmen de Carabanchel, aínda que profunda máis no rupturismo estético. Rápidos zooms, imaxes conxeladas, unha montaxe expresiva, monólogos a cámara, a inclusión de imaxe de arquivo e unha reatribución posmoderna de clásicos musicais e composicións propias achegaban o filme ás películas da Nouvelle Vague francesa. Margarita y el lobo era unha impugnación ao matrimonio e un canto feminista á necesidade dunha verdadeira emancipación da muller. O fondo da película bateu inmediatamente co contexto en que xurdiu, o dunha sociedade franquista, machista, onde a muller só tiña cabida como anxo do fogar. Segundo o testemuño da propia directora, a fita caeu tan mal na Escuela Oficial de Cinematografía que os seus responsables tentaron destruíla e terminaron por incluíla na Censura Oficial. Bartolomé figurou daquela nas listas negras do franquismo, o que impediu que a directora volvese dirixir unha película ata a morte do ditador”. (Andrea G. Bermejo, Cinemanía)
https://www.filmaffinity.com/ es/film599755.html
https://www.filmaffinity.com/
