Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Asemblea do Cine Club Padre Feijóo

11 Xaneiro, 2025 / 11:30 - 13:00

Convocatoria Asemblea xeral socios/as  2024

En aplicación do artigo 19 dos estatutos do Cineclube Padre Feijoo, a Xunta directiva acordou convocar Asemblea ordinaria para o vindeiro sábado 11 de xaneiro de 2025, ás 11:30 horas en primeira convocatoria e 12:00 en segunda e última convocatoria, no salón de actos da Casa da Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).

Convócase aos/as socios/as, para:

1.- Informe das memorias (actividades e económicas) do ano 2024, balance económico e de contas e aprobación se procede.

2.- Aprobación se procede de orzamento económico e proxecto de actividades para o ano 2025.

3.- Suxestións, pregos e preguntas.

Para asistencia e exercizo de votación, é imprescindible estar ao corrente de cotas do ano 2024.

Dacordo co artigo 22, a asemblea queda validamente constituída sempre que concurran a metade mais un dos asociados na primeira convocatoria, con calquera número de asistentes, mais, en todo caso coa presenza do presidente ou vicepresidente e o secretario ou a persoa que o substitúa.

Dado o carácter ordinario da asemblea, os acordos que se adopten deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes.

Ourense, 3 de xaneiro de 202

VER MEMORIAS ECONÓMICA E DE ACTIVIDADES 2024 E PROXECTOS 2025

Comparte:

Detalles

Recinto