Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Asemblea veciñal aberta en defensa do Xardín do Posío e das árbores da cidade

9 Maio, 2025 / 20:30 - 21:30
A asociación Amigas das árbores convoca unha nova asemblea veciñal aberta para decidir accións en defensa do Xardín do Posío e das árbores e espazos verdes da cidade. O venres, 9 de maio, ás 20:30, na porta norte do Posío, a cercana ó IES Otero Pedrayo. Se chove buscaremos abeiro.
Seguen eliminando árbores en Ourense… As fotografías son desta semana no histórico Xardín/Parque do Posío. Dende que comezaron as “obras”, cun orzamento de 2,6 millóns de euros, foron eliminadas unhas 25 árbores, parte delas centenarias.
Ourense incumpre os consellos que establece a Organización Mundial da Saúde e a Unión Europea (1 árbore por cada 3 habitantes e entre 10-15 metros cadrados de espazo verde por veciño). En Ourense, tendo en consideración os propios datos do concello, temos 1 árbore por cada 21 habitantes e 5,7 metros cadrados de espazo verde por veciño.
Ourense non pode seguir padecendo políticas arboricidas, non pode seguir estragando o pouco verde que ten.
Precisamos AXUDA para por freo á desfeita do patrimonio vivo da cidade, pois outro Ourense é posible, é imprescindible                            
Comparte:

Detalles

  • Data: 9 Maio, 2025
  • Hora:
    20:30 - 21:30
  • Categoría dos Evento: ,

Recinto

  • Xardín do Posío
  • Xardín do Posío
    Ourense, Ourense 32005 Spain
    + Google Map