Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

“Blade runner” en 4K abre a tempada do Cineclube Padre Feijoo

6 Outubro / 19:30 - 21:30

Ridley Scott (EUA-Reino Unido-Hong Kong, 1982) 117 min. / 4K / Cor. RA 2,39:1 [+12] VOSE

A comezos do século XXI, a poderosa Tyrell Corporation, grazas aos avances na enxeñaría xenética, creou un robot chamado Nexus 6, un ser practicamente idéntico aos humanos pero superior en forza e axilidade, ao que se lle deu o nome de Replicante. Estes robots traballaban como escravos nas colonias terrestres fóra do planeta. Tras a sanguenta rebelión dun equipo Nexus-6, os Replicantes foron desterrados da Terra. Escuadróns especiais de policía, os Blade Runners, tiñan ordes de matar a todos aqueles que non cumpriran a sentenza. Tras un grave incidente, o ex Blade Runner Rick Deckard é chamado de volta ao servizo para atopar e “xubilar” algúns replicantes rebeldes.

Comparte:

Detalles

Recinto