- Este evento pasou.
Borja Quintela, “Todo o nada”, no Principal

Borja Quintela (1989) é un cantante e compositor ourensán que comezou no mundo da música aos 19 anos. Tras gañar un concurso de karaoke, sendo a primeira vez que cantaba en público, deuse conta de que a súa voz podería ir máis aló e comezou a recibir ofertas por parte do mundo da verbena.
Decidiu formarse como vocalista, preparándose con clases de canto para traballar profesionalmente con formacións como a Orquestra Costa Dourada e a Orquestra Nova Banda.
Mentres compaxinaba o seu traballo como vocalista, foi descubrindo as súas capacidades para compoñer e escribir. Así mesmo, decidiu tomar clases de piano para que, desta forma, este convertésese no instrumento acompañante nos momentos de inspiración á hora de compoñer.
A día de hoxe, o ourensán conta cunha experiencia de máis de 300 actuacións encima dos escenarios.
