Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

A Cabalgata dos Reis Magos sairá ás 18:00 dos Remedios

5 Xaneiro, 2025 / 18:00 - 20:30

Os Reis Magos visitarán a cidade acompañados por unha vintena de grupos de animación e carrozas, e repartirán 3 toneladas de caramelos. Este ano a cabalgata cambia o seu percorrido habitual a causa das obras da Avenida das Caldas e das previsións climatolóxicas.

Sairá do Pavillon dos Remedios ás 18.00 horas, e avanzará pola rúa do Progreso, a Alameda (18.45 – 19.00 h) até rematar na Praza Maior, onde terá lugar a recepción real sobre as 19.30 h. (horarios aproximados) (Á Praza Maior accederán os reis e acompañantes, pero non as carrozas)

· Haberá espazos reservados para persoas con mobilidade reducida na Praza de Concepción Arenal (antigo xulgado) e Bispo Cesáreo (Alameda).

XEOLOCALIZACIÓN. O Concello ofrecerá en directo a través da súa páxina web e da aplicación móbil a xeolocalización da Cabalgata. As persoas interesadas poderán ver sobre un mapa da cidade onde se atopan en cada momento os Reis Magos. Para isto, só terán que acceder a GISou, xa sexa mediante a páxina web (https://gis.ourense.gal) ou da aplicación móbil oficial do Concello.

TRÁFICO. O paso da cabalgata requirirá levar a cabo cortes de tráfico na cidade. O primeiro corte será ás 16.00 horas e afectará á Ponte do Milenio, á rúa Pardo de Cela e á rúa do Progreso, no treito que vai desde a Praza de Concepción Arenal até o cruzamento coa rúa Ervedelo. A partir das 16.30 pecharase o seguinte treito da rúa Progreso, até o Xardín do Posío

Máis información en: https://www.ourense.gal/gl/actualidad/a-policia-local-adapta-o-dispositivo-de-trafico-ao-novo-percorrido-da-cabalgata-de-reis-de-ourense

Comparte:

Recinto