
- Este evento pasou.
“Casting lear”, no Principal
10 Abril / 20:00 - 21:30

O meu pai é Lear, pero nunca entrou nun teatro.
Eu son Cordelia. E son directora de teatro.
Como ela, vou buscar a Lear, vou atreverme a miralo e vou tentar perdoar. E vouno a facer desde un escenario. Cada noite, un actor distinto, será Lear, será o meu pai, será un posible pai, un que si queira sentar nun teatro para conversar.
Esta versión-simulacro de Rey Lear aspira a ser unha porta aberta para pensar como nos relacionamos cos nosos pais, os biolóxicos, pero tamén os metafóricos, incluído o mesmo William Shakespeare. É unha autoficción a partir dun clásico ou un clásico autoficcionado, e oxalá ningunha das dúas cousas. É unha peza sobre a orixe, sobre como o que veu antes perséguenos, aínda que queiramos ignoralo. Sobre como nos constrúen quen nos precede. Sobre como inventar unha vida que che pertenza sen esquecer o pasado. Sobre como imaxinar outros finais posibles.
É tamén unha audición, ou un ensaio, iso que sucede antes de que todo suceda, o lugar xusto antes de que algo tome a súa forma exacta. O momento exacto no que aínda todo é posible.
Andrea Jiménez, creadora de Casting Lear