- Este evento pasou.
Cine Club Padre Feijóo lanza a programación de xaneiro e febreiro 2025

Desde que acabamos as proxeccións a principios do mes pasado, fóronse acumulando historias, sensacións, ideas, imaxes e ás veces situacións ineludibles. Empezamos o ano coa actualización das cotas, acordadas na última asemblea (que explicamos ao final do detalle da programación) e que vén un pouco dada polo desinterese e falta de apoios municipais e coa previsión inmutable da situación. Convén lembrar que no Cineclube Padre Feijoo todo o traballo e esforzo que realizamos é voluntario e non renumerado. Sabemos que moitos o saben e sentímonos apoiados e reconfortados. Pero tamben atopámonos ultimamente, con posturas tanto na sala e mesmo fóra dela, reclamando ou protestando con certa esixencia diante das restricións de uso do teléfono móbil, sobre a obrigada puntualidade para non distracción e respecto ao resto dos espectadores ou mesmo… a ver cando empezamos! (sen importar que nós deberiamos ter o mesmo dereito a gozar das festas como os demais ou un pouco de respecto e consideración á nosa dedicación altruísta) incendiando ás veces, os nosos ánimos.
O que a continuación presentamos para xaneiro e febreiro, é froito do traballo escuro previo; reunión de programación, negociación coas distribuidoras, comprobación e obtención de copias, acompañado doutros mesteres circunstancialmente rutinarios, como preparar as contas (trimestrais e anuais), limpar a sala (2 veces á semana), acondicionar os equipose proxectar os filmes, preparar carteis e pegalos, tradución e confección das follas de sala, redactar e programar o blog ou mesmo o vídeo que preparamos para recordar toda a programación. Facer unha película, sería todo moito máis complicado e é por iso que non nos imos a estender máis con está introdución, que cremos oportuna e necesaria, despois da pasada asemblea.
Atención á novidade que incorporamos, aparte das sesións maxistrais do domingo, este ano temos un día máis; os sábados pola mañá, no que iremos programando sesións maxistrais dedicadas ao público infantil e xuvenil, con acceso de balde aos socios e a posibilidade de convite a persoas non socias. En estás sesións o acceso é preferente aos/ás socios/as pero non exclusivo como nas sesións dos domingos. * Advertir que pode mudarse a proxección do 26 xaneiro, pola posibilidade de non ter a copia a tempo de Apocalipse now redux.
ACTUALIZACIÓN DE COTAS:
Media hora antes de cada sesión e ata 10 minutos antes, está dispoñible a inscripción e renovación de carnés de socios/as, con actualización das cotas anuais. A actualización das mesmas por acordo da pasada asemblea (11/01/25), configúranse en 14 euros ano, con posibilidade de desconto a estudantes, parados, pensionistas e posuídores do carné da Biblioteca pública Nós, co prezo de 7 euros. O acceso ás sesión de filmoteca dos luns é de balde para os socios/as e de 3 euros para os non asociados/as. O acceso ás sesións dos mércores permanece invariable e indistintamente en 5 euros. En sesións de alta demanda, os/as socios/as terán acceso preferente ata 15 minutos antes da hora en que estea fixada a sesión. O acceso ás sesións maxistrais dos domingos é exclusivo a socios/as e de balde. O acceso ás sesións maxistrais dos sábados; infantis é de balde para os socios/as (e acompañantes) e de 3 euros para os non asociados/as. O acceso ás sesión especiais ou outras, dependerá do anunciado en cada unha delas. Todas as proxeccións desta programación son no salón de actos da Casa da Cultura, onde estaba a Biblioteca Pública (rúa Concello 11 – Ourense). A capacidade da sala está limitada a 110 persoas por sesión. Pregamos puntualidade.
Lembramos usen a máscara de protección dentro da sala; se vostede presenta síntomas de catarro, gripe ou COVID.
Os símbolos desta web son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.
A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.
Cando se proxecte en resolución 4096 × 2160 px, farase constar /4K/. Cando sexa en celuloide 35 ou 16 mm, /Nº mm/ e sen constancia explícita; ésta será en VXGA (DVD,BluRay ou mp4). A diferencia entre a resolución da primeira e a última son 8 millóns de px fronte a dous millóns de px.(1,9 K).
ADVERTENZAS:
Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección * sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación. (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación). (*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; “AUDESCMOBILE”.
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
