- Este evento pasou.
“Ciudad de la selva; a guerrilla nos montes de Casaio”, libro

Ciudad de la selva – Historia e arqueoloxía da guerrilla nos montes de Casaio, de Carlos Tejerizo García e Alejandro Rodríguez Gutiérrez. Neste libro, editado por Positivas, recóllense os resultados da investigación do grupo Sputnik Labrego sobre a localización de campamentos usados pola guerrilla antifranquista. .
«O proxecto de investigación para comprender esta cidade comezou en 2017. Dende entón, e tras ducias de saídas ao campo e (re)apertura de camiños, ás veces con machete –e sempre guiados polo guía Francisco Fernández–, documentaronse un total de 18 campamentos e cerca de 60 estruturas vencelladas co desenvolvemento da guerrilla entre os anos 1937 e 1951, ano en que os últimos guerrilleiros deixaron estes montes. Escavaronse 11 destas estruturas, que deron como resultado o que podemos considerar o conxunto máis relevante de materiais arqueolóxicos ligados a unha guerrilla de toda Europa e, posiblmeente, de todo o mundo. Todo isto revela a importancia da Ciudad de la Selva non só como un elemento –un xacemento, diremos– fundamental para comprender o desenvolvemento do fenómeno guerrilleiro no noroeste peninsular e no Estado español, senón tamén como referente memorial no presente. Este volume trata de recoller todo o que puidemos aprender destes traballos para sacar da “ausencia” esta cidade.
