
- Este evento pasou.
“Coanhadeira”, presenta novo CD no Liceo
15 Febreiro / 19:00 - 21:00
€5 - €10
O grupo Coanhadeira nace en Ourense no ano 2006 coa intención de recuperar e amosar as fermosas melodías que atopamos na tradición oral da cultura galega. Grazas á beleza e calidade das melodías tradicionais, e aos directos de Coanhadeira cargados de forza, a formación acadou premios e actuou sobre moitos dos principais escenarios galegos e do resto de Europa. Estivemos no Festival de Pardiñas; no da Carballeira de Zas; no Escenario Runas do Festival Intercéltico de Ortigueira; nas Nosas Músicas, de Couso ou no festival da Rebusca. Fóra de Galicia actuamos no Sauga Folk, de Colindres, Cantabria; na Trobada de Buners, Andorra ou no Festival Interceltique de L”Orient en Francia, entre outros moitos eventos e lugares nestes 19 anos de historia
“7273”
7.273 son os quilómetros cadrados que ten de superficie a provincia de Ourense, da que se nutre Coanhadeira e este álbum “7273”. Tamén as nosas vidas, as nosas tradicións, os xeitos e as maneiras de facer… a sinxeleza da paz do interior. Dende as chairas limiás ata os cumios do Macizo Central Ourensán… iso é “7273”.
Aspiramos, con este “7273” facer as nosas propias paradas nalgúns dos espazos ourensáns que nos inspiraron. Seguiremos atopando fermosas historias, marabillosas persoas e lugares, sons ou bailes, e o que vaia saindo. Diso vai o noso “7273”: de disfrutar da pedra, da auga, da montaña, do todo o que nos inspira, a nós e a vós. Con “7273” convidámos a coñecer máis o noso interior; pouco a pouco, pinguiña a pinguiña.
Coanhadeiras son: Vadim Yukhnevich: acordeón; Marcos Pérez, Kinhos: batería e percusións; Patricia López: voz e percusións; Oscar Freire: saxo sorprano e tenor; Rafa Morales: baixo; Jesús Pérez, Chechu: gaitas e zanfona.
Enlaces a dous temas lanzados o pasado verán:
https://ffm.to/coanhadeira-xirazga
https://ffm.to/coanhadeira-ganceiros
Redes e enlaces: https://linktr.ee/coanhadeira