
- Este evento pasou.
“Cóctel”, teatro de monicrques na “Porta Azúl”
22 Febreiro / 20:00 - 21:30
taquilla inversa
@manu_el_mansilla vén dende Arxentina a presentarnos o seu CÓCTEL.
Un espectáculo de monicreques e teatro de obxectos para adultos e adolescentes. Un equilibrio sutil entre humor e emoción. As personaxes enfróntanse ó público e ó titiriteiro a través dunha dramaturxia que interpela e cuestiona.
Este espectáculo lévase representado dende 2008 en lugares como Arxentina, México, Chile, Guatemala, España, Belice, Cuba, etc. Desta volta, teremos o luxo de velo na Porta Azul.