A Plataforma Galiza pola Paz foi presentada públicamente o día 2 de abril de 2025 polas organizacións que aderen ao manifesto «Galiza pola Paz». Ten como precedente a Plataforma Galega contra a OTAN, xurdida en 2022 para dar resposta de país á cimeira da OTAN en Madrid, e reformúlase agora cun carácter máis abranxente e máis urxente, ante os anuncios de investimentos militares e a escalada belicista.
O obxectivo principal da Plataforma Galiza pola Paz é a loita por un futuro de paz para Galiza fronte á dinámica belicista imposta polo imperialismo e fronte ás políticas de rearmamento que pretenden a Unión Europea e o Estado español.