- Este evento pasou.
Concentración S.O.S Xardín do Posío

Reaccionamos ou calamos?
O histórico xardín botánico do Posío, no corazón de Ourense , está en perigo!
Unha das poucas zonas verdes que sobrevivian nunha cidade que está perdendo día a día os seus valores botánicos e ecosistémicos.
As obras de reforma, ocultadas tras dunha cuberta plástica, e que manteñen a totalidade do xardín pechado ó público, están supoñendo a tala polo pé de árbores históricas. O paseo das palmeiras xa desaparecera por inacción cando enfermaron. Agora están formigonado gran parte do xardín e danando os espazos verdes coa apertura de gabias, con rotura das raíces das árbores existentes, maquinaria pisando todo o espazo.
Quedada hoxe, 1 de maio do 2025 ás 20:00, na porta norte, do lado do Instituto Otero Pedrayo, asemblea aberta para ver como reaccionar.
Axúdanos!
Non máis arboricidios en Ourense!
