
- Este evento pasou.
Concerto de theremin, de Paulo Pascual na Porta Azul
22 Marzo / 20:00 - 22:00

Paulo Pascual @modulador_de_ondas compartirá coa Porta azul un espectáculo con Theremin. E que é iso? Un instrumento intanxible, que non fai falta tocar. E daquela como soa? As mans movéndose no aire e… Música! Antes do concerto, Paulo falaranos do funcionamento deste e outros aparellos, convidándonos a formar parte dunha experiencia musical e sonora diferente e única. Paulo Pascual é o referente galego deste instrumento pouco visto. Temos o luxo de telo na Porta azul, vinde a escoitalo!