- Este evento pasou.
Concurso de ideas para unha estatua; obradoiro de prototipos, con Pablo Otero na Dodo Dadá

Unha nova pegada no espazo común: Pablo Otero propón un obradoiro verdadeiramente singular:
• Un obradoiro de prototipos para unha nova estatuaria civil: unha reflexión sobre a arte pública e a nosa relación co espazo que compartimos.
• Unha reflexión intelectual e práctica sobre o estado actual do xénero. Cada xeración adoita deixar a súa pegada no espazo do común, unha sorte de autorrecoñecemento. Mais tamén teima con borrar o anterior, a parte dun mapa coñecido.
Faremos, coa axuda de Pablo Otero, prototipos: maquetas sinxelas, bosquexos ou modelos en miniatura.
¿Os materiais? diversos e manexables: cartón, telas, pastas de modelar ou plastilina, madeiras, arames, refugallos de tódalas castes ou materiais atopados, reciclados…
Puntos importantes:
• Aberto a tódolos públicos
• Horario: de 18 a 20:30 horas
• Coste: 20€
• Prazas limitadas
• Os que veñan poden traer materiais e as súas ferramentas (se as teñen) para facer a súa proposta. A maiores terán por parte de Otero bastantes materiais diversos para ofrecerlles posibilidades expresivas, pero canto mais millor!!! POR ISO, MOI IMPORTANTE TRAER O MATERIAL QUE TEÑAS EN MENTE PARA O PROTOTIPO
Haberá unha votación e un premio para o gañador ou gañadora
