Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Contacontos na librería Eixo

15 Marzo, 2025 / 12:00 - 13:30

«Qué enleada coa pitada” / “Vaya lío, pío, pío”, de Rita Doallo e Blanca Millán

Volvemos recibir encantadísimos a Rita Doallo que con Blanca Millán nos contará o conto «QUE ENLEADA COA PIADA», a grandísima lea que se montou na selva cuns dichosos pio,pío . O conto ten amáis dunha versión galega, a súa versión en castelán «VAYA LÍO, PÍO PÍO». Animádevos, pasarémolo xenial.

Aquí vos deixamos un avance da contada: Menuda lea se armou na selva con tanto pío pío! E todo porque dous monos pequechos espertaron esta mañá con moita fame e acordaron cambiar o seu almorzo habitual de piña, aguacate e banana por uns cocos.Ao papagaio, que casualmente, estaba a oír a súa conversa, sorprendeulle tanto ao enterarse de que os monos tolearan e decidiran comer os mocos, que correu contarlle a nova ao guacamaio. O guacamaio contoulla ao tucano. O tucano á cotorra. A cotorra ao colibrí? Por suposto, cada un transmitiu a mensaxe ao seu xeito. E para cando o rumor chegou ao periquito, os moniños xa non eran cocos os que ían comer, se non? seguro que o queres saber?Esta divertidísima historia dunha enleada épica na selva escribiuna Rita Doallo e ilustrouna Blanca Millán.

 

Comparte:

Detalles

Recinto