Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

“Culto carne” no Pueblo

12 Xuño / 21:00 - 23:00
O Culto busca abrir na realidade unha ferida. Oculta na ferida vibra a Carne anticipándose. O Culto fende a terra coma un túnel sen luz ao final.
Inauguramos a conta de Culto Carne, unha proposta que establece un diálogo entre a música escura e industrial de Cult of Auspex, os desasosegantes visuais de Octavia Russo e a poesía de Branca Trigo.
Presentamos un arquivo ficcional de seres incompletos cuxos corpos, vulnerables en rosa sobre un fondo negro, sacrificados sobre unha paisaxe sonora devastada, convidan a entrar.
Comparte:

Detalles

Recinto