Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

“Educación no século XXI”, conferencia

23 Abril, 2025 / 19:00 - 20:30

Continúa o programa de conferencias «Educación Século XXI» de Afundación, a Obra Social de ABANCA, orientadas á reflexión sobre o labor e os retos que atopan familias e docentes na educación actual. A seguinte relatora convidada será Lucía Hipólito, doutora en Farmacia e profesora titular na Facultade de Farmacia da Universitat de València, quen ofrecerá a conferencia «Hackers do cerebro: como as drogas alteran os nosos circuítos neuronais». Estará mañá, 23 de abril, na Sede Afundación de Ourense. Ofrecerá unha sesión pola mañá, ás 11.00 h, para público escolar, e outra pola tarde, ás 19.00 h, para público xeral. O acceso é gratuíto, pero é necesario reservar praza na web Ataquilla.com.

Comparte:

Detalles

Recinto

  • Sede de Afundación
  • Avenida de Pontevedra, 9
    Ourense, Ourense 32005 Spain
    + Google Map