Unha perspectiva de diferentes realidades dende o punto de vista da arte. Esta mostra recolle o traballo artístico realizado por 15 mulleres vítimas de violencia de xénero versionando obras de arte recoñecidas na historia. Todas as fotografías ofrecen unha perspectiva diferente baixo o prisma de xénero das realidades que son representadas en cada unha das imaxes.