- Este evento pasou.
Festival Internacinal de Teatro de Ourense, FITO

No horizonte de 2025, o Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) eríxese novamente como un baluarte da cultura democrática e unha plataforma dinámica onde converxen múltiples xéneros, experiencias vitais e formas de expresión artística, tecendo pontes de comunicación tanto co seu público fiel, que ano tras ano agarda esta cita, como con aqueles que aínda non descubriron o seu atractivo singular.
Tras dezasete anos de traxectoria fértil, o FITO mantén intacta a súa ambición de expansión e influencia, deseñando unha programación que quere apertar á cidadanía no seu conxunto.
O Teatro Principal convértese, unha edición máis, no epicentro da experiencia, un espazo de encontro e diálogo propicio para abordar temas de profunda relevancia social. A selección de propostas busca estimular un debate construtivo e responsable no seo dunha comunidade que aspira á mellora continua, reconstruíndose sobre os piares da tolerancia, o respecto á pluralidade de identidades, a denuncia activa das desigualdades, a preservación da memoria histórica e a valorización das nosas raíces culturais.
TÓDALA PROGRAMACIÓN DO FITO 2025
XOVES 16
20’00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: ELEFANTE ELEGANTE (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Alta Costura
VENRES 17
19’00 e 20’30 h. LICEO DE OURENSE
COMPAÑÍA: BUTACA ZERO (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Melón Pelado
SÁBADO 18
20’00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: NACHO VERA (MADRID)
ESPECTÁCULO: Antigua Novedad
DOMINGO 19
19’00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: REDRUM (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Sophie non é o meu nome de guerra
MÉRCORES 22
22’30 h. AGRUPACIÓN CULTURAL AURIENSE
PRISCILA (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Cuore de Italia
XOVES 23
20’00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: SUTOTTOS (ARXENTINA)
ESPECTÁCULO: Feliz día
VENRES 24
20’00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: BARROSANTA (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Xoguetes Rotos
SÁBADO 25
DOMINGO 26
19’00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: GUIRIGAI (EXTREMADURA)
ESPECTÁCULO: Amalia y el río
INFORMACIÓN
VENDA DE BILLETES
Entradas á venda en ataquilla.com
Billeteira do Teatro Principal, 2 horas antes do comezo do espectáculo, entrada: 10€, 6€ e 4€
Liceo e Universidade (Edificio de Ferro), entrada: 4€
Agrupación Cultural Auriense, de balde
