
- Este evento pasou.
“Galegio estas mondo”, obra de Vicente Risco en esperanto
15 Decembro, 2024

A Fundación Vicente Risco conmemora o Día de Zamenhof coa publicación dun libro en esperanto: A obra de Risco é un mundo.
A Fundación Vicente Risco, co ánimo de chegar a todo tipo de públicos e, tendo en conta o interese de don Vicente Risco polo esperanto, vén de publicar, coa colaboración da Fundación Esperanto, o libro “Galicia é un mundo” en esperanto, “Galegio estas mondo”, onde se recollen 50 citas do noso autor na devandita lingua, grazas á tradución realizada por Alejandro Pareja Rodríguez. Trátase dun texto que xa está dispoñíbel en 12 linguas distintas de todo o mundo, incluído o braille, e agora ábrese á cultura esperantista. Con esta iniciativa a FVR conmemora o Día de Zamenhof, coñecido tamén como Día do Libro en Esperanto (Esperanta Librotago na devandita lingua), que se celebra internacionalmente o 15 de decembro.
Desta maneira a FVR tamén mantén vivo o legado de Vicente Risco, xa que entre as correntes culturais polas que se interesou se encontraba o esperanto. Tivo relación coas persoas esperantistas da súa cidade, posuía unha edición do Fundamento de Esperanto, que se conserva na FVR, e aprendeu os elementos básicos, e, aínda que non hai certeza de que chegara a utilizalo de forma sistemática, mostrou a súa simpatía pola lingua en diversos artigos xornalísticos.