- Este evento pasou.
“Óxido”, esculturas de Manolo Lanchas no Marcos Valcárcel
13 Febreiro, 2025 - 9 Marzo, 2025

O que Manolo nos presenta é o resultado de moitos anos de calado labor. Non é unha mostra espontánea senón a consecuencia dun traballo constante e serio. Os seus materiais son os apeiros ou ferramentas de labranza, materiais industriais, chapas de coches, restos de motos, madeiras e ferros. É como un “artellador” que coa reciclaxe, observando e interpretando o que lle transmiten e suxiren os materiais, crea formas belas, delicadas e con movemento, pero sen esquecer a contundencia do material utilizado.
