Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

“La marsellesa de los borrachos”, documental pola República no CCPF

3 Abril, 2025 / 20:30 - 22:00

Organizado polo Cine Club Padre Feijóo en colaboración coa Asociación Amigos da República.

La marsellesa de los borrachos

Pablo Gil Rituerto (España, 2024) 93 min. [+7] Cor. RA: 1,85:1 VO/SE

https://www.youtube.com/watch?v=O12WURI0TOQ

No verán de 1961, un grupo de mozos antropólogos italianos realizou unha viaxe clandestina por España, co fin de gravar cancións populares que apoiaron a resistencia antifranquista. Como resultado do seu traballo, foron procesados e as súas gravacións censuradas. Sesenta anos despois e da man de Emilio Jona, de 92 anos, último membro vivo daquel grupo de viaxeiros, recuperan as gravacións inéditas e reconstrúen a viaxe, hoxe, a través dunha paisaxe emocional e política, recuperando recordos históricos a través destas cancións, tan relevantes hoxe como o foron entón.

Premios

2024: In-Edit ; Mención especial do xurado

2024: SEMINCI; Tempo de Historia

Un poético e reparador documental musical que permite unha lectura sobre o pasado pero que tamén é testemuño real, palpitante e crítica da nosa realidade” (Fernando Bernal, Caimán, cuadernos de cine)

Comparte:

Detalles

Recinto