Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Ludovico 2.5 pola Aula de teatro universitario Maricastaña

15 Outubro / 20:00 - 21:30

A obra una sátira social e una proposta ao redor da violencia. Como mesturar sociopatía con ironía , sicopatía con humor negro, reflexión con diversión ou o punki con Beethoven. Ese é o camino que temos que percorrer. A poética que debemos atopar. Una obra controvertida e arriscada que trataremos de levar a escena coa perspectiva que dá traballala 63 anos despois da súa publicación. Una sociedade narcotizada, múltiples impedimentos para que a xuventude se sinta realizada. As drogas, o sexo e a violencia como saída. Unha violencia que vai pasando da sociedade ao individuo e que o individuo se encarga de descargar novamente na sociedad. O emprego do medo por parte da ultradereita e os sectores máis conservadores do espectro político e económico.
Unha solución a ese medo e ao caos: Ludovico. Unha terapia condutista para que non se poida exercer o mal a cambio de aceptar como sociedade a tortura, a cambio de crer na mentira de que hai que elixir entre seguridade e liberdade.
Con que nos quedamos?, co ollo por ollo, con que a violencia enxendra violencia, con que a violencia non é a solución? E, por certo, onde empeza a violencia? Haberá poesía máis aló da violencia? Será posible volver escoitar a Ludwing e ser felices?

Comparte:

Recinto