
“Non pasarán”, no Principal
24 Maio / 20:00 - 21:30

Non Pasarán desenvólvese nun país/lugar sacudido por unha vaga de incendios provocados por unha organización descoñecida.
O lema da cidadanía é claro: “Non pasarán”, un chamado a non permitir a entrada de estraños nos fogares, que poderían poñer en perigo a súa integridade e á comunidade.
Con todo, Cándido e a súa filla Ana acollen a unha misteriosa parella
na súa casa, o que desencadea unha serie de sucesos que transforman a súa vida cotiá. Incapaces de defender os seus propios principios, os personaxes vense atrapados nunha espiral de renuncias e comportamentos que os levará á destrución, converténdose finalmente en cómplices incendiarios do seu propio fogar.
Unha versión libre de ‘Biedermann e os incendiarios’, de Max Frisch, que explora o auxe da extrema dereita, e convida a cuestionar
o presente e a non permanecer indiferentes ante o perigo.