- Este evento pasou.
“Not a pretty picture”, no Cine Club Padre Feijóo

Not a pretty picture
Martha Coolidge (EUA, 1976) 83 min. Cor. /4K/ Cor. AR 1,33:1 [+16] VOSE
https://www.youtube.com/watch?v=RsGMKnl8beI
En 1962, aos 16 anos, a directora Martha Coolidge foi violada durante unha festa por parte dun compañeiro de clase maior que ela. Doce anos máis tarde, a cineasta examina esta agresión sexual vivida en carne propia e recrea as circunstancias que a rodearon cun grupo de actores nun loft de Nova York.
Crítica: Unha película pioneira sobre a cultura do abuso e as súas consecuencias, que segue hoxe tan vixente como entón. Filme especialmente recomendado para o fomento da igualdade de xénero (ICAA). Unha película terrible e exemplar sobre a cultura do abuso (…) unha obra imprescindible (Paula Arantzazu Ruiz Cinemanía)
Luns de filmoteca
