Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

O domingo 16, asemblea aberta polo dereito á vivenda

12 Marzo, 2025

Nos últimos cinco anos o aluguer subiu un 30% na nosa cidade afogándonos polo camiño e facendo cada vez máis difícil chegar a
fin de mes ao 55% da poboación, que adicamos máis do 30% do noso salario a pagar esas rentas imposibles. A pesares de ser un dereito, o acceso a unha vivenda digna resulta cada vez máis complicado e moitas de nós vémonos privadas da emancipación das nosas familias ou obrigadas a compartir piso por motivos económicos. Mentres todo isto acontece, observamos como os pisos dos nosos barrios están baleiros, pese á gran demanda existente, ou adicados ao turismo, o que provoca unha suba de prezos cada vez maior que vai aos petos dos mesmos de sempre: grandes especuladores que acaparan vivendas baleiras que xa parten dunha situación favorecida e afogando a inquilinas e inquilinos.

Se te recoñeces nalgunha destas situacións e coma nós, pensas que as medidas propostas ata agora son insuficientes ou non son se están a aplicar, acude a asemblea aberta de EVOU o domingo 16 ás 18:30 na zona do Rianxo da Plaza de Abastos.

Igual que está a acontecer no resto do Estado, o Espazo Veciñal de Ourense pretende ser un lugar de encontro dos veciños e veciñas da nosa cidade para dar resposta política ás nosas necesidades. Non deixemos que outros falen por nós. Non deixemos que sigan facendo negocio a partir dos nosos dereitos.

Eu collo a miña cadeira EVOU, e ti?

Comparte:

Detalles

Recinto

  • Praza de abastos das Burgas
  • Praza de Abastos, 1
    Ourense, Ourense 32003 Spain
    + Google Map